Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Qué necesitas

  • As persoas participantes deberán estar empadroadas no Concello de Valga e/ou elaborar a caña con produto procedente de terreos situados no termo municipal Valga. Ademais, deben estar dadas de alta no rexistro de destiladores artesanais da Axencia Tributaria. Non poderán obter a condición de participantes as persoas en quen concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Procedemento: O concurso constará de dúas partes para cada modalidade.
  • Precata: Na precata farase unha primeira selección entre os produtos presentados.
  • Cata: Na cata decidirase os produtos gañadores de entre os seleccionados na precata.
  • Criterio de desempate: En caso de producirse un empate na puntuación da cata final de dous ou máis produtos dentro da mesma modalidade, este resolverase sumando a puntuación obtida na precata para cada produto. Se o empate se mantén producirase unha nova cata dos produtos empatados.
  • Coa finalidade de manter a igualdade de participación e, para manter o anonimato, as persoas participantes deberán presentar o seu produto nun tipo de envase específico que recollerán, con anterioridade, no Concello de Valga. Cod. Validación: 9FKXQCMYTW7A7AAAXJ7LAW2TL Corrección: https://valga.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 13
  • As persoas participantes, entregarán o envase co produto final, debidamente embotellado, no Concello de Valga, onde se lles asignará un número de participación en cada modalidade á que se presente. Tamén se lles entregará o mesmo número para identificar o sobre coa ficha de inscrición e que acompañará ao produto presentado.
  • Ademais dos requisitos establecido no artigo anterior, as persoas participantes deberán cumprir todos e cada un dos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.
  • As persoas participantes deberán entregar co Concello de Valga:
  • O produto debidamente embotellado, cumprindo os requisitos expostos nos artigos anteriores.
  • Un sobre pechado identificado co número entregado ao presentar o produto. No interior xuntarase a ficha de inscrición incorporada nas presentes bases cos datos persoais, o enderezo e teléfono de contacto. Cada persoa participante poderase presentar a calquera das modalidades establecidas condicionado a presentar un so produto por modalidade.
  • PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN O prazo de presentación dos produtos e sobres de participación será ata o 25 de agosto de 2026 ás 14:00 horas. A presentación farase a través do rexistro do Concello de Valga.
  • OBRIGATORIEDADE DE CESIÓN A persoa gañadora do primeiro premio de cada modalidade na que se compite, terá unha obrigatoriedade de ceder ao Concello de Valga un garrafón de 16 litros da caña resultante do mesmo destilado que a premiada. O resto de envases presentados, poderán ser recuperados transcorridos 30 días dende a publicación oficial dos produtos premiados. Transcorrido este prazo, se non se retirasen, os produtos presentados pasarán a ser de propiedade municipal, podendo facer o Concello de Valga, o que estime oportuno.
  • TROCO E VIXENCIA DOS PREMIOS Entregaranse uns diplomas acreditativos coas contías dos premios o día 29 de agosto de 2026. O ingreso dos premios farase en días posteriores a través de transferencia bancaria. A estes efectos será indispensable a presentación dun certificado do número de conta titular do premiado (ou representante no seu caso) onde se realizará o pago, unha vez sexa emitido informe proposta polo Departamento de Cultura e/ou Turismo e adoptado acordo de concesión polo órgano competente.
  • ÓRGANO COMPETENTE PARA A INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA O órgano competente para ditar cantos acordos se requiran no procedemento será o Alcalde do Concello de Valga. Cod. Validación: 9FKXQCMYTW7A7AAAXJ7LAW2TL Corrección: https://valga.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 4 a 13
  • COMPOSICIÓN E COMPETENCIAS DO XURADO O xurado estará composto por un mínimo de tres e un máximo de cinco compoñentes. Os compoñentes serán persoas coñecedoras do produto e a súa elaboración. O xurado resérvase o dereito a deixar deserto o concurso baixo os criterios de adecuación e calidade mínima de acordo cos obxectivos do concurso. As decisións do xurado serán inapelables.
  • INFRACCIÓNS E SANCIÓNS O xurado resérvase o dereito de rexeitar calquera produto que non cumprise cos distintos apartados establecidos nestas bases reguladoras.
  • MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión dos premios dará lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co establecido no artigo 19.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.
  • RÉXIME XURÍDICO Ademais do disposto nas presentes bases, a presente convocatoria supeditarase ao establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se apr oba o Regulamento da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, na Norma de execución presupostaria que se atope vixente en cada momento de cada convocatoria, e demais normativa que resulte de aplicación.
  • ACEPTACIÓN A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do Xurado. A organización resérvase o dereito a introducir, se o cre convinte, as modificacións necesarias para o bo funcionamento do concurso. Coa participación no concurso, as persoas interesadas autorizan expresa e gratuitamente ao Concello de Valga para a captación, reprodución e publicación do seu nome, apelidos e imaxe en fotografías ou vídeos realizados durante os actos da Festa e a entrega de premios. Esta autorización limítase exclusivamente á difusión, promoción e publicidade do concurso nos medios de comunicación locais, páxina web municipal e redes sociais oficiais do Concello, sen que isto xere dereito a ningún tipo de contraprestación económica. Cod. Validación: 9FKXQCMYTW7A7AAAXJ7LAW2TL Corrección: https://valga.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 5 a 13

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Cultura