Resolución de 4 de agosto de 2026 por la que se procede a la convocatoria del Programa de ayudas a las actuaciones de rehabilitación y renovación en las áreas de rehabilitación integral de los Caminos de Santiago y de la Ribeira Sacra para el año 2026

Acceso a la vivienda y fomento de la edificación

En resumen: Está orientada a Personas físicas, Personas jurídicas, Vivienda y alquiler. Su ámbito territorial es ES11 - GALICIA. La gestiona INSTITUTO GALLEGO DE LA VIVIENDA Y SUELO (IGVS).

● Próxima

¿Puedes solicitar esta ayuda?

Comprobación preliminar para orientarte; no sustituye la lectura de las bases reguladoras.

Qué necesitas

  • Deberán dispor do acordo da comunidade ou comunidades de persoas propietarias debidamente agrupadas, de ser o caso.
  • Deberán dispor de licenza municipal ou, se é o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
  • Deberán realizarse de conformidade aos criterios fixados na Guía de Cor e Materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
  • Non poderán estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano no que se presente a solicitude de cualificación provisional nin poderán estar finalizadas á data da presentación da dita solicitude.
  • Deberán executarse no prazo máximo determinado na resolución de cualificación provisional.
  • Ademais, no caso de actuacións de renovación, os novos edificios e/ou vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B. Oitavo. Contía da subvención
  • A contía máxima das axudas determinarase atendendo ao custo total da intervención reflectido na cualificación definitiva, que incluirá, de ser o caso, os custos desagregados da actuación de rehabilitación ou renovación.
  • O gasto subvencionable fixado na cualificación definitiva determinarase logo da comprobación da execución de todas as actuacións e da emisión do informe favorable dos servizos técnicos das Áreas provinciais do IGVS, en atención ás facturas e aos documentos bancarios de pagamento que se presenten como xustificación destas.
  • A contía máxima das axudas non poderá exceder, de forma individualizada, do 50% do custo subvencionable da actuación. No caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, esta porcentaxe máxima poderá ser do 75 %, cando resulten acreditados ingresos da unidade de convivencia da persoa propietaria ou usufrutuaria, promotora da actuación e residente na vivenda, e estes sexan inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria, promotora da actuación e residente na vivenda, que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.
  • A contía máxima determinarase atendendo ao custo total da actuación e calcularase
  • Ata 12.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva. No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, incrementaranse estas contías con 80 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos, nos edificios e vivendas declaradas Bens de Interese Cultural (en adiante, BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de uso comercial ou outros usos, será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación.
  • Ata 30.000 euros por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida.
  • No suposto de actuacións cualificadas provisional ou definitivamente con cargo ao réxime transitorio establecido no ordinal sétimo da Resolución do 23 de outubro de 2023, as contías das axudas serán as establecidas no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021. Noveno. Compatibilidade das axudas As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma do importe de todas elas non supere o custo total da actuación concreta. Décimo. Prazo de presentación de solicitudes
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a contar unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte. Entenderase como último día do prazo de presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día en que, de conformidade co apartado anterior, comece o prazo de presentación de solicitudes. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado
  • As solicitudes poderán presentarse dende as 09.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do último día do prazo. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
  • As solicitudes presentadas fora do prazo e do horario indicados serán inadmitidas. Décimo primeiro. Solicitudes
  • As solicitudes realizaranse mediante a presentación do formulario que se incorpora como
  • documentation
    De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.
  • documentation
    Anexo II, de ser o caso, de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa á agrupación de persoas propietarias, no que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e
  • documentation
    Anexo III, de ser o caso, debidamente cuberto, no que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Acceso a la vivienda y fomento de la edificación