Personas jurídicasES114 - Pontevedra

RESIDENCIAS ARTÍSTICAS NOVOS VALORES DO MUSEO DE PONTEVEDRA

A finalidade desta convocatoria é conceder dúas axudas, destinadas a fomentar a creación artística contemporánea en vivo nun programa de residencias artísticas promovido pola institución provincial a través do museo, e que se levará a cabo na Fundación Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas e no centro de creación contemporánea Matadero Madrid, dependente de Madrid Destino, durante o ano

En resumen: Está orientada a Personas jurídicas. Su ámbito territorial es ES114 - Pontevedra. La gestiona CULTURA.

● Abierta

¿Puedes solicitar esta ayuda?

Comprobación preliminar para orientarte; no sustituye la lectura de las bases reguladoras.

Quién puede solicitarla

Perfiles orientativos: Personas jurídicas.

Beneficiarios oficiales: Personas jurídicas que no desarrollan actividad económica.

Importe y plazo

Presupuesto total de la convocatoria: 19.000,00 €. Inicio: 30/10/2026. Plazo: Fin: 26/11/2026.

Cuantía por beneficiario: consulta las bases oficiales; el presupuesto total no es el importe individual.

Requisitos para solicitarla

  • Ser comisarias, artistas creadoras ou investigadoras de proxectos artísticos.
  • Nacer na provincia de Pontevedra ou ter a súa residencia habitual nela. Os requisitos establecidos nesta base deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse, cando proceda, durante o período de desenvolvemento da residencia.
  • Exclusión de persoas beneficiarias de edicións anteriores Non poderán participar nesta convocatoria as persoas que resultasen beneficiarias das axudas concedidas pola Deputación de Pontevedra nas dúas edicións anteriores, desenvolvidas nos anos 2025 e 2026.
  • Memoria do proxecto Deberase achegar unha memoria resumida do proxecto que se vai desenvolver. Incluirá a contextualización deste e o diálogo co patrimonio cultural, social, natural ou artístico, así como os valores do proxecto.
  • Currículo artístico Achegarase unha breve biografía dun máximo de dúas (2) páxinas en DINA4 e en formato PDF, n a que se recolla n a formación académica e complementaria, cursos, seminarios ou xornadas , premios e bolsas acadadas no ámbito artístico. Xunto co currículo deber anse acreditar os premios e/ou bolsas outorgados en convocatorias de ámbito artístico coa presentación do correspondente certificado, resolución ou documento emitido pola entidade concedente destes.
  • Dossier artístico Será breve e permitirá coñecer a súa traxectoria artística. Nel incluiranse proxectos de investigación ou de exposición dos últimos dous anos e aqueles nos que está traballando actualmente e se van desenvolver de forma inmediata ou a curto prazo. Deberá conter imaxes. Presentarase nun máximo de dez (10) páxinas en DINA4 e formato PDF.
  • Formación Achegaranse os cursos, seminarios ou xornadas que teñan unha duración mínima de cinco (5) horas e estean relacionados co obxecto das bases. Deberanse achegar os diplomas ou certificados oficiais.
  • Cronograma de traballo aproximado Entregarase un cronograma dun máximo dunha (1) páxina en DINA4 e formato PDF. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). Para estes efectos, n on serán válidos os correos electrónicos nin os faxes. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos achegados. Excepcionalmente, a Deputación de Pontevedra poderá requirirlles que presenten o documento orixinal para cotexalo coa copia electrónica anexada.
  • Rúa Pasantería, 2, 36002 Pontevedra. Tel.: +34 986 804 100 / secretaria.museo@depo.gal / www.museo.depo.gal do modelo “2887054 Trámites administrativos xenéricos distintos da solicitude”, dispoñible en https://sede.depo.gal. A Sede electrónica ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos xenéricos que poden utilizar para realizar as xestións máis habituais durante a tramitación administrativa (representación, emenda da solicitude, alegacións, renuncia ou recursos, entre outros). Estes modelos son comúns para os distintos procedementos e poderán empregarse sempre que a normativa reguladora do procedemento concreto para o que se vaian usar non estableza outros modelos específicos. Os modelos xenéricos poderán d escargarse para anexalos a unha solicitude ou para realizar trámites sobre outros expedientes e presentalos de forma electrónica ou presencial , segundo a normativa reguladora do procedemento do que se trate. No formulario deberá indicarse, no seu caso, o procedemento para o
  • que se efectúa o trámite. Os modelos están dispoñibles en: https://sede.depo.gal/web/public/dynamic/catalogo/tramitesxenericos Décimo cuarta. Instrución do procedemento e avaliación de solicitudes Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o Museo de Pontevedra, que actuará como instrutor do procedemento, realizará a correspondente revisión da documentación administrativa e do cumprimento dos requisitos esixidos nestas bases, así como cantas actuacións que considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar
  • Examinar as solicitudes e a documentación presentadas.
  • Requirirlles ás persoas solicitantes a emenda ou a achega da documentación que sexa de obrigado cumprimento.
  • Formular a proposta de resolución, debidamente motivada. As solicitudes das persoas candidatas que reúnan os requisitos de participación trasladaránselle á Comisión de Valoración para que esta as analice e valore segundo os criterios establecidos nas bases desta convocatoria. Décimo quinta. Comisión de Valoración A selección dos proxectos artísticos realizarase segundo a proposta da Comisión de Valoración, que estará formada por persoal técnico da Deputación, da Fundación Walter & Nicole Leblanc e de Madrid Destino Cultura Turismo y Negocio, S. A. De ser o caso, poderán formar parte desta profesionais independentes con capacidades e formación nos ámbitos aos que se abre a convocatoria ; Todas e todos eles axustarán a súa actuación ao disposto para os órganos colexiados na LRXS.
  • 5 puntos por ter unha titulación de estudos oficiais superiores, grao ou licenciatura no ámbito das belas artes, deseño, ilustración, artes aplicadas ou equivalente.
  • 3 puntos por unha segunda titulación oficial ou por estudos de posgrao, m estrado ou doutoramento relacionado s co ámbito indicado.
  • Ata 2 puntos por ter outras formacións relacionadas co ámbito indicado: cursos, seminarios ou xornadas que teñan unha duración mínima de 5 horas. Outorgarase 1 punto por cada formación, polo que se valorarán un máximo de dúas. B. Criterios artísticos: distribución de 90 puntos.
  • A calidade artística, coherencia, innovación e viabilidade do proxecto proposto: ata 25 puntos.
  • A orixinalidade e dimensión experimental do proxecto presentado: ata 25 puntos.
  • O f omento de prácticas sensibles á transformación de xénero, á natureza e ás culturas vernáculas , tradicións e prácticas culturais creadas coa xente común dun lugar, adaptadas á contorna e ás necesidades; e uso de materiais e técnicas autóctonas que fomenten a conexión coa identidade e o contexto da comunidade: ata 20 puntos.
  • Cumprir o obxectivo e realizar a actuación obxecto da convocatoria de conformidade co proxecto presentado.

Documentos y fuente oficial

Origen del resumen

Información procedente de los datos o documentos oficiales enlazados

A finalidade desta convocatoria é conceder dúas axudas, destinadas a fomentar a creación artística contemporánea en vivo nun programa de residencias artísticas promovido pola institución provincial a través do museo, e que se levará a cabo na Fundación Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas e no centro de creación contemporánea Matadero Madrid, dependente de Madrid Destino, durante o ano