Personas jurídicasES11 - GALICIA

Orden de 24 de julio de 2026 por la que se aprueban las bases reguladoras de la concesión de subvenciones, en régimen de concurrencia competitiva, para la ejecución de proyectos de educación para el desarrollo y la ciudadanía global y se procede a su conv

Cooperación internacional para el desarrollo y cultural

En resumen: Está orientada a Personas jurídicas. Su ámbito territorial es ES11 - GALICIA. La gestiona CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, JUSTICIA Y DEPORTES.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Qué necesitas

  • 1. Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes e/ou agrupadas:
  • Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria. As comunidades galegas no exterior que consten inscritas no Rexistro de Centros e Comunidades Galegas dependente da Secretaría Xeral da Emigración e as Universidades quedan exentas de cumprir este requisito.
  • Ter correctamente xustificadas as axudas recibidas por parte da Xunta de Galicia para as anualidades de 2023 e anteriores doutros proxectos en materia de educación para o desenvolvemento antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria, agás no caso de ter concedida a oportuna ampliación do prazo de xustificación. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos nos que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
  • Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • No caso das universidades, deberán formar parte do Sistema universitario de Galicia segundo a Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, ou ser unha das súas entidades dependentes ou centros de investigación públicos que realicen actividades que poidan ser obxecto das axudas reguladas nestas bases.
  • 2. Requisitos dos proxectos:
  • A execución do proxecto ten que iniciase no ano 2026. Nos supostos nos que o proxecto teña carácter anual, deberá executarse, como máximo, ata o 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, deberán executarse, como máximo, ata o 30 de decembro do ano seguinte ao de concesión da Páxina 6 de 52
  • Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os proxectos poderán considerar traballo fóra de Galicia (resto de España, Europa e países prioritarios) sempre que os gastos destas actividades sexan realizados para achegar ás intervencións información e perspectiva dos países do Sur e/ou a participación en redes.
  • Nos proxectos que impliquen algunha intervención nas aulas dos centros educativos de ensinanza obrigatoria, será necesario contar coa documentación que demostre o coñecemento previo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, ou a conformidade dos seus centros educativos.
  • O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 9, Gastos do proxecto, desta convocatoria, en especial, o relativo aos límites máximos establecidos nalgunha das partidas e a imputación adecuada dos gastos.
  • O cofinanciamento do proxecto correspondente á entidade solicitante e a outros financiadores diferentes á Xunta de Galicia non pode ser o 100% valorizado, ten que existir nalgún caso achega financeira ao proxecto.
  • O emprego dos documentos de formulación normalizados (tanto o técnico como o económico) adaptados á presente convocatoria. Artigo 5. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes
  • 1. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Páxina 7 de 52
  • As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • 2. As entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais ou ben en agrupación con outras entidades. Non obstante, no caso de obter unha subvención para a execución dun programa pola liña educación transformadora ao abeiro da convocatoria para a execución de programas de educación transformadora e de innovación e comunicación social para o ano 2026 (código de procedemento PR803E), unicamente se poderá subvencionar un proxecto por medio desta convocatoria a mesma entidade. Os proxectos presentados por unha agrupación de entidades contan como un proxecto presentado por cada unha das entidades agrupadas. Polo que respecta ás universidades, esta limitación aplicarase por departamento ou entidade dependente. Artigo 6. Documentación complementaria
  • 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación. Carpeta 1: información relativa á entidade solicitante. No caso de agrupación de entidades, debera achegarse de cada unha das entidades agrupadas.
  • Copia das contas anuais da entidade da última liquidación do orzamento rendida e aprobada polo órgano competente da entidade. Desta obriga quedarán exceptuadas as universidades.
  • Memoria da organización en Galicia na que se inclúan as accións da entidade nos últimos dous anos.
  • Listaxe dos proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global realizados en Galicia, así como dos proxectos levados a cabo no ano anterior financiados por entidades galegas, públicas ou privadas.
  • Plan/estratexia de educación para o desenvolvemento en Galicia e/ou plan/estratexia específica nas áreas de educación, formación, sensibilización, investigación ou incidencia e mobilización social da organización en Galicia para os seguintes anos, en que se enmarca o proxecto presentado ou, de ser o caso, o Plan continuo de mellora ou de fortalecemento da Páxina 8 de 52

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Cooperación internacional para el desarrollo y cultural