CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE BERGONDO PARA O EXERCICIO ECONÓ · 2026

Título oficial: CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE BERGONDO PARA O EXERCICIO ECONÓMICO 2026

Otras Prestaciones económicas

En resumen: Está orientada a Deportistas, Personas físicas. Su ámbito territorial es ES111 - A Coruña. La gestiona AYUNTAMIENTO DE BERGONDO.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Quién puede solicitarla

Perfiles orientativos: Deportistas, Personas físicas.

Beneficiarios oficiales: Personas físicas que no desarrollan actividad económica.

Importe y plazo

Presupuesto total de la convocatoria: 14.000,00 €.

Cuantía por beneficiario: consulta las bases oficiales; el presupuesto total no es el importe individual.

Requisitos para solicitarla

  • Estar empadroado no Concello de Bergondo cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
  • Estar en posesión de licenza deportiva, expedida pola federación correspondente, no momento da solicitude.
  • Acreditar o nivel deportivo na especialidade, polo menos, correspondente a ano anterior e/ou ao ano da solicitude.
  • Competir, no ano da solicitude en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  • Ter entre outros fins a realización das actividades obxecto da subvención, así como dispor de estructura suficiente que garante o cumprimento dos seus obxectivos.
  • Encontrarse ó corrente das obrigas tributarias co Concello de Bergondo, e con calquera outra administración.
  • De ser o caso, ter xustificadas as subvencións recibidas con anterioridade polo Concello de Bergondo.
  • 2. Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais:
  • Os interesados que, en virtude da normativa vixente, teñan limitado ou suprimido ese dereito, e especificamente o recollido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Os interesados que por resolución firme foran sancionadas polo incumprimento das condicións previstas na autoriza- ción precisa para o desenvolvemento da actividade.
  • As persoas que perderan o dereito á obtención das subvencións como consecuencia do procedemento sancionador correspondente, e polo prazo establecido na resolución.
  • Aceptar a subvención, en caso contrario, deberán renunciar expresa e de forma motivada á mesma, no prazo máximo de 10 días naturais, contados a partir daquel no que reciban a notificación da concesión da subvención.
  • Realizar o proxecto, ou cumprir co fin ou propósito que fundamenta a concesión da subvención.
  • Sinalar a súa condición de beneficiario deste programa nas competicións ou actividades nas que participe, e facer constar de maneira visíbel o escudo e lenda “Concello de Bergondo”. Así como, publicitar esta condición de beneficiario en redes sociais. tendo que presentar acreditación desta publicidade no momento da xustificación. Se non se acredita esta publicidade perderá o dereito de percibir á subvención correspondente a esta convocatoria.
  • Xustificar documentalmente, e na forma e prazos previstos nestas bases, o cumprimento da finalidade que motivou a concesión da subvención e, no seu caso, a aplicación dos fondos recibidos.
  • Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo Concello de Bergondo, así como calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poida realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comuni- tarios, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
  • Comunicar ó Concello de Bergondo a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos.
  • Acreditar no momento da solicitude no concello, que se encontra ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, mediante certificación expedida polos citados organismos ou coa presentación da solicitude das citadas certificacións. Esta certificación deberá estar en vigor no momento de efectuar o pago da subven- ción. Tamén será válida a presentación mediante a propio modelo de solicitude (Anexo 1: SOLICITUDE), que inclúe unha declaración responsable do interesado.
  • Facer constar información ou publicidade que se efectúe das actividades ou proxectos, que os mesmos están subven- cionados polo Concello de Bergondo,

Gastos y actuaciones subvencionables

  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    1. Consideraranse gastos subvencionables os realizados e efectivamente pagados entre xaneiro e novembro do ano
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    2026, ambos os dous inclusivos, sempre que respondan á natureza e obxecto da actividade subvencionada. Entre eles: Gastos de viaxes e dietas (desprazamentos, aloxamento e manutención) cando tendo relación directa co obxecto da subvención, deriven da participación en competicións oficiais, desprazamentos a concentracións de tecnificación ou a centro de tecnificación, debidamente acreditados pola federación correspondente. Deberá presentarse un certificado da federación sobre a participación en competicións oficiais, asistencia a xornadas de tecnificación, deportista tecnificado nun centro de tecnificación ou concentracións de selección autonómica e/ou nacional, no que se recolla: lugares de competicións/concentracións, datas e resultados acadados no ano 2026. A non presentación deste certificado implicará a non consideración destes gastos.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de desprazamento, xustificaranse cos billetes de viaxe de calquera medio de transporte público utilizado en clase turista.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de aloxamento, xustificaranse coa factura do hotel, pensión, etc, cun máximo de 65 €/día.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Nos gastos de manutención considerarase xustificable as facturas por tal concepto, cun máximo de 35 €/día (almorzo, comida e cea)
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    No caso de tratarse dun menor de idade, considerarase subvencionable os gastos ocasionados por estes conceptos, do deportista menor e dun adulto.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    En caso de que dous irmáns compitan na mesma competición e nas mesmas datas so se computará o desprazamento a un dos irmáns.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Para competicións fora da Comunidade Autónoma de Galicia ou na propia Comunidade Autónoma de Galicia, cando se se leven a cabo a máis de 100 km da vivenda habitual e cando as competicións se realicen máis tarde das 11.00 horas, poderanse computar os gastos de aloxamento e manutención do/s día/a das competicións e do día anterior a esta.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de publicidade e información nos medios de comunicación ata un máximo de 300 €.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de deseño, desenvolvemento, perfeccionamento, modificación e/ou mantemento de páxinas web ou portais de internet, ata un máximo de 300 €.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de adquisición de roupa deportiva necesaria. Sempre que sexa posible, deberá figurar na mesma, o logotipo do concello de Bergondo, que deberá acreditarse a través dun medio gráfico.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    O importe líquido das nóminas dos adestradores, sempre e cando estes se atopen no réxime de alta na seguridade social.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos federativos.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos de alugamento de instalacións deportivas, sempre e cando estas non sexan do Concello de Bergondo.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Adquisición de material deportivo por un importe máximo de 800 € con IVE engadido.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Revisións médicas, probas de esforzo, rehabilitación, e outros que poidan ser recoñecidos como indispensables para a consecución dos obxectivos deportivos previstos.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · ineligible
    3. Non serán obxecto de subvención, quedando excluídos:
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos que non estean directamente vinculados á actividade obxecto de subvención, ou que dificilmente poidan relacionarse coa mesma. Neste sentido terase especialmente en conta os conceptos especificados nas facturas que se entregarán como xustificantes dos gastos.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos derivados da adquisición, reparación ou mantemento de bens inmobles; consumo eléctrico, telefónico e similares.
  • GASTOS SUBVENCIONABLES E NON SUBVENCIONABLES · eligible
    Os gastos pola adquisición de bebidas alcohólicas de calquera tipo, así como tabaco ou outros produtos considerados lesivos para a saúde.

Documentos y fuente oficial

Origen del resumen

Información procedente de los datos o documentos oficiales enlazados

Otras Prestaciones económicas