Convocatoria pública para la adjudicación de subvenciones para la financiación parcial del alquiler de viviendas destin · 2026/2027

Título oficial: Convocatoria pública para la adjudicación de subvenciones para la financiación parcial del alquiler de viviendas destinadas a domicilio habitual de personas residentes en el Ayuntamiento de Lugo. Convocatoria año 2026 y prórroga del año 2027.

Servicios Sociales y Promoción Social

En resumen: Está orientada a Personas físicas, Vivienda y alquiler. Su ámbito territorial es ES112 - Lugo. La gestiona CONCELLO DE LUGO.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Quién puede solicitarla

Perfiles orientativos: Personas físicas, Vivienda y alquiler.

Beneficiarios oficiales: Personas físicas que no desarrollan actividad económica.

Importe y plazo

Presupuesto total de la convocatoria: 200.000,00 €.

Cuantía por beneficiario: consulta las bases oficiales; el presupuesto total no es el importe individual.

Requisitos para solicitarla

  • - Todos os membros da unidade familiar ou de convivencia deberán residir e estar empadroados no termo municipal de Lugo. A persoa solicitante, ademais, deberá estar empadroada cunha antigüidade mínima de seis meses cun contrato de alugamento de vivenda que constitúa o seu domicilio habitual e permanente, vixente na data de publicación das bases xerais da convocatoria no BOP de Lugo.
  • A persoa solicitante deberá achegar á solicitude, contrato de alugamento da vivenda e xunto a el, unha declaración responsable de que esta vivenda constitúe o domicilio habitual e permanente da unidade familiar ou de convivencia, identificando a todos e cada un dos membros que a conforman.
  • A persoa solicitante deberá achegar á solicitude, autorización expresa dos membros da unidade familiar ou de convivencia para que EVISLUSA solicite de oficio a acreditación de empadroamento e convivencia, na cal deberán constar empadroadas exactamente as mesmas persoas que se declaran na solicitude. A entidade colaboradora resérvase a posibilidade de efectuar as comprobacións pertinentes en colaboración co Servizo Municipal de Estatística. Comprobarase que a vivenda na que se atope empadroada a unidade familiar ou de convivencia coincide coa do obxecto de solicitude de subvención e que nela se atopan empadroados unicamente os membros da unidade familiar ou de convivencia que figuren na solicitude. O non cumprimento destes requisitos dará lugar á denegación da axuda. 4
  • - A suma dos ingresos brutos de calquera natureza (rendementos do traballo persoal, actividades económicas, pensións, etc.) percibidos durante o último exercicio económico vencido (2025) pola unidade familiar ou de convivencia non será inferior a 0,5 veces nin superior a 3 veces o Índice Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM) dese mesmo ano (2025).
  • Persoas beneficiarias de prestacións sociais periódicas: Pensións Non Contributivas (PNC), Renda Activa de Inserción (RAI), salario da liberdade, Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), Ingreso Mínimo Vital (IMV), pensión de orfandade, etc., nas que o mínimo esixido é o importe destas prestacións no exercicio económico correspondente.
  • Persoas beneficiarias de prestacións de desemprego a nivel contributivo e asistencial, sempre que a unidade familiar ou de convivencia da que formen parte careza de rendementos.
  • Persoas vítimas de violencia de xénero. A estes efectos, o valor mensual para o ano 2025 do IPREM é de 600,00 €. Os ingresos derivados das rendas de capital non poderán superar, no seu conxunto, a cifra de 150 € anuais. 3-. Os membros da unidade familiar ou de convivencia maiores de idade e persoas maiores de 16 anos emancipadas deberán atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou sociais e non ter débedas por ningún concepto coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Tesourería Territorial da Seguridade Social e co Concello de Lugo.
  • Incorrer en ningunha das prohibicións para ser persoas beneficiarias de subvencións públicas, contempladas no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións. 5
  • Percibir outra axuda económica en concepto de vivenda mentres estea percibindo a deste programa xa que esta subvención é incompatible con calquera outra subvención pública ou privada concedida para o mesmo fin. Exceptúase desta limitación o complemento para persoas titulares de Pensións Non Contributivas (PNC) que residan en vivendas alugadas.
  • Dispoñer de vivenda en propiedade no termo municipal de Lugo ou de dereito real de usufruto sobre outra vivenda na provincia de Lugo excepto que, de encontrarse no último suposto, se demostre documentalmente a imposibilidade de facer uso dese dereito (vivenda non habitable, motivos laborais ou familiares...).
  • As persoas separadas legalmente ou divorciadas con convenio regulador no que figure que a vivenda conxugal queda para usufruto da súa ex-parella.
  • As unidades familiares ou de convivencia nas que a persoa solicitante ou algún dos membros da unidade familiar ou de convivencia teñan mobilidade reducida acreditada e sexa conveniente trasladar o domicilio habitual e permanente a outra vivenda adaptada ou practicable en réxime de alugamento.
  • Ter parentesco en primeiro, segundo ou terceiro grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa arrendadora.
  • Ceder ou subarrendar total ou parcialmente a vivenda baixo calquera título.
  • Destinar a vivenda a un uso indebido ou non autorizado e non a domicilio habitual e permanente.
  • Ocupar a vivenda sen título legal.
  • Causar deterioracións graves na vivenda, nas súas instalacións ou nos servizos complementarios.
  • Desenvolver na vivenda actividades prohibidas nos estatutos da comunidade ou que resulten danosas para o predio ou para as persoas ocupantes. 6
  • QUINTA.- REQUISITOS QUE DEBERÁN CUMPRIR AS VIVENDAS
  • - A vivenda alugada deberá estar situada no termo municipal de Lugo, o uso residencial implantado deberá cumprir a legalidade vixente, e só serán subvencionables os espazos habitables do interior da mesma (pezas que formen parte do programa da vivenda e os seus espazos de comunicación, de uso exclusivo das persoas moradoras, conforme á regulamentación específica en materia de funcionalidade).

Documentos y fuente oficial

Origen del resumen

Información procedente de los datos o documentos oficiales enlazados

Servicios Sociales y Promoción Social