Convenio de colaboración entre la Diputación Provincial de A Coruña y el Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-CEIDA para cofinanciar el "Programa de Educación, Capacitación, Divulgación y Participación Ambiental para una TR

Otras Prestaciones económicas

En resumen: Está orientada a Personas jurídicas, Estudiantes y educación. Su ámbito territorial es ES111 - A Coruña. La gestiona DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE CORUÑA, A.

● Concesión directa

Esta publicación no es una convocatoria abierta

Corresponde a una concesión directa, nominativa o convenio destinado al beneficiario que figura en la información oficial. Se muestra como referencia pública, pero otro club, asociación o persona no puede presentar una solicitud a esta publicación.

Consulta la fuente oficial para conocer el beneficiario y las condiciones concretas.

Qué necesitas

  • documentation
    Préstamo de fondos bibliográficos e asesoramento
  • documentation
    Maletas Viaxeiras: maleta mariñeira e maleta climática
  • documentation
    A Deputación Provincial da Coruña contribuirá ao financiamento da actividade, tal como se define na cláusula primeira, cunha achega máxima de 90.000,00 €, o que representa unha porcentaxe do 80 %. A cantidade restante, ata alcanzar o importe total do orzamento da actividade, está financiada con cargo a recursos propios ou alleos, acreditando a entidade beneficiaria que ten consignado o crédito axeitado e suficiente para imputar a totalidade do gasto correspondente á entidade.
  • documentation
    No caso de que o gasto xustificado non acadase o importe total previsto na cláusula segunda, a Deputación só achegará o importe que represente o 80 % da cantidade efectivamente xustificada. Agora ben, se a cantidade xustificada resulta inferior ao 75 % do orzamento previsto na cláusula segunda, entenderase que a finalidade básica da subvención non foi cumprida e perderase o dereito ao seu cobro.
  • documentation
    O importe do financiamento provincial farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 0520/17221/46701, na que a Intervención provincial ten certificado que existe crédito dabondo sobre a que se ten contabilizado a correspondente retención de crédito.
  • documentation
    A subvención da Deputación é compatible coa percepción doutras subvencións ou axudas, públicas ou privadas, que o CEIDA obteña para a mesma finalidade, sempre que o seu importe, xuntamente co da subvención provincial, non supere en ningún caso o importe total do gasto efectivamente xustificado.
  • documentation
    No caso de que a concorrencia de axudas ou subvencións supere o importe do gasto efectivamente xustificado, minorarase a aportación provincial no importe necesario para darlle estricto cumprimento ao apartado anterior.
  • documentation
    O outorgamento dos contratos de servizos, asistencia ou subministros necesarios para a execución do obxecto do convenio corresponderalle á entidade beneficiaria. Non se poderá contratar a realización de prestacións con persoas ou entidades vinculadas á entidade beneficiaria, nin con calquera outra na que concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 29.7 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións.
  • documentation
    Se o importe dalgunha das prestacións supera 15.000,00 euros, con carácter previo á contratación, a entidade beneficiaria deberá solicitar alomenos tres orzamentos a distintos provedores. Entre as ofertas recibidas deberase elixir unha delas de acordo con criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia sobre a oferta máis vantaxosa económicamente.
  • documentation
    No caso de que a entidade beneficiaria tramite e aprobe algunha modificación do proxecto inicialmente aprobado, así como do contrato adxudicado, deberá remitir á Deputación un exemplar do Proxecto modificado, achegando co mesmo os informes emitidos e a certificación do correspondente acordo.
  • documentation
    Na publicidade pola que se dea a coñecer a realización das actividades, por medios escritos, radiofónicos, audivisuais ou internet, deberase facer constar sempre o financiamento da Deputación Provincial da Coruña.
  • documentation
    Coa memoria e conta xustificativa achegaranse documentos que acrediten o cumprimento desta obriga da entidade beneficiaria.
  • documentation
    As actividades que son obxecto de financiamento provincial, tal como están descritas na cláusula primeira, deberán estar realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
  • documentation
    Unha vez rematadas as actividades, o CEIDA deberá presentar a xustificación documental á que se refire a cláusula sexta antes do vencemento do período de vixencia do convenio establecido na cláusula XIII.
  • documentation
    De conformidade co disposto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei de subvencións (Real decreto 887/2006, do 21 de xullo), transcorrido este derradeiro prazo sen que se teña recibido xustificación ningunha, a Unidade xestora remitiralle un requirimento ao CEIDA para que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de xustificación da subvención neste prazo excepcional conlevará a perda da subvención e demais responsabilidades previstas neste convenio e na lexislación aplicable ao respecto. Aínda así, a presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao CEIDA da sanción que, de conformidade co disposto na Lei de subvencións e na Ordenanza Xeral de Subvencións e Transferencias da Deputación, lle poida corresponder.
  • documentation
    O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta da entidade financeira indicada polo CEIDA na documentación presentada.
  • documentation
    O CEIDA deberá estar ao día, con carácter previo á sinatura deste convenio, e logo, con carácter previo ao pagamento da subvención, no cumprimento das obrigas tributarias coa Administración do Estado, coa Comunidade autónoma, coa Deputación Provincial da Coruña, e coa Seguridade Social.
  • documentation
    A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante declaración responsable expedida autorizada polo órgano competente, mediante a presentación dos correspondentes certificado ou ben autorizando á Deputación a que obteña telemáticamente os correspondentes certificados.
  • documentation
    A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación Provincial determinarase de oficio por ésta.
  • documentation
    O CEIDA destinará os fondos recibidos ao pagamento dos xustificantes de gasto presentados.

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Otras Prestaciones económicas