CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Y LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (PR · 2026

Título oficial: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Y LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (PROGRAMA DE SALUD BUCODENTAL PARA PERSONAS EN RIESGO DE EXCLUSIÓN SOCIAL) 2026

Servicios Sociales y Promoción Social

En resumen: Está orientada a Entidades sociales, Personas jurídicas. Su ámbito territorial es ES111 - A Coruña. La gestiona AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

● Concesión directa

Comprueba el procedimiento en las bases

La fuente la clasifica como concesión directa, nominativa o convenio. Esa clasificación no basta para determinar si admite solicitudes: consulta las bases para comprobar si existe un plazo público o un beneficiario designado.

Consulta la fuente oficial para conocer el beneficiario y las condiciones concretas.

Quién puede solicitarla

Perfiles orientativos: Entidades sociales, Personas jurídicas.

Beneficiarios oficiales: Personas jurídicas que no desarrollan actividad económica.

Importe y plazo

Presupuesto total de la convocatoria: 20.000,00 €. Inicio: 01/01/2026. Plazo: Fin: 31/12/2026.

Cuantía por beneficiario: consulta las bases oficiales; el presupuesto total no es el importe individual.

Requisitos para solicitarla

  • Memoria de actuación , expedida polo órgano competente da Universidade de Santiago de Compostela, acreditativa do cumprimento das condicións impostas neste convenio, con indicación das actividades desenvolvidas, dos resultados obtidos e do grao de consecución dos obxectivos previstos.
  • Acreditación documental ou gráfica do cumprimento das obrigas de publicidade do financiamento municipal, de conformidade co disposto neste convenio.
  • Memoria económica xustificativa, integrada por:
  • Certificación expedida polo órgano competente da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos previstos no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditativa da toma de razón en contabilidade dos gastos realizados e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.
  • Declaración responsable relativa ás subvencións, axudas, ingresos ou recursos obtidos para a mesma finalidade.
  • 16 de 22 A documentación xustificativa deberá presentarse por medios electrónicos no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela antes do 30 de setembro de 2026 , de conformidade cos prazos establecidos nas Bases de Execución do Orzamento municipal, co fin de posibilitar a comprobación da documentación polo centro xestor, a emenda das deficiencias que, de ser o caso, se aprecien e a posterior fiscalización do expediente pola Intervención Municipal dentro dos prazos de execución orzamentaria. O pagamento da subvención efectuarase unha vez comprobada polo Concello a adecuada xustificación da actividade subvencionada e o cumprimento da finalidade que fundamenta a súa concesión.
  • As partes comprométense ao cumprimento das obrigas de publicidade activa e transparencia derivadas da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno; da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia; da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e da restante normativa que resulte de aplicación
  • A información será fornecida polos órganos xestores. Dentro de cada órgano deberán establecerse os mecanismos que garantan que a convocatoria e o extracto que se fornecen á BDNS foron aprobados nos mesmos termos pola autoridade competente.
  • O órgano xestor fornecerá á BDNS en todo caso:
  • O texto da convocatoria na lingua española oficial do Estado.
  • O texto do extracto da convocatoria na lingua española oficial do Estado.
  • Os datos estruturados da convocatoria, na lingua española oficial do Estado. Entre eles figurará o diario oficial no que deba publicarse o extracto.
  • Os mesmos textos da convocatoria e do extracto nunha segunda lingua oficial.
  • Outros documentos, como formularios de solicitude, instrucións de cumprimento, documentos de axuda e información, etc., que contribúan aos fins de publicidade e transparencia facilitando o seu acceso aos posibles interesados. A sinatura do convenio implica a autorización expresa para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade. As partes asinantes do convenio manifestan o seu consentimento para que os datos persoais que constan neste convenio, así coma o resto das especificacións contidas no mesmo, poidan ser publicados nos termos previstos pola citada normativa vixente. A sinatura do convenio leva implícito o consentimento expreso da USC a favor do Concello de Santiago de Compostela para o tratamento necesario dos datos relevantes da subvención concedida e a súa publicidade.
  • Facer constar en todo tipo de publicidade e información que se realice no desenvolvemento deste convenio o financiamento do Concello de Santiago de Compostela, así como os seus correspondentes logotipos ou aqueloutros que se determinen. En concreto, deberá figurar de forma visible un cartel informativo que indique este cofinanciamento no lugar onde se realicen as actividades, e constar en toda a documentación, publicacións, actuacións de difusión ou convocatorias relativas ou resultantes das actividades obxecto deste convenio.
  • Comunicarlle ao Concello de Santiago de Compostela a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentan a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento no que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
  • Facilitar a actuación do persoal técnico do Concello de Santiago de Compostela no referente ao seguimento das actividades obxecto da subvención e remitirlle un informe final detallado das actuacións levadas a termo.
  • O incumprimento total da finalidade que fundamenta a concesión da subvención, da realización da actividade subvencionada ou da obriga de xustificación determinará a perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, o reintegro da totalidade da subvención percibida.
  • O incumprimento parcial dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou ao reintegro parcial da subvención, en proporción ao grao de incumprimento, atendendo á parte da actividade non executada ou non xustificada, sempre que resulte acreditado o cumprimento substancial da finalidade perseguida. En ningún caso o importe das subvencións, axudas, ingresos ou recursos obtidos para o financiamento da actividade poderá superar o custo da actividade subvencionada. De producirse exceso de financiamento, aplicarase o réxime previsto na normativa de subvencións e neste convenio.
  • A persoa titular da Concellería competente en materia de Dereitos e Servizos Sociais ou persoa en quen delegue.

Documentos y fuente oficial

Origen del resumen

Información procedente de los datos o documentos oficiales enlazados

Servicios Sociales y Promoción Social