Personas jurídicasES114 - Pontevedra

Bases reguladoras y convocatoria para la concesión de subvenciones en concurrencia competitiva a entidades deportivas por el Ayuntamiento de Meaño en el ejercicio 2.026.

Otras Prestaciones económicas

En resumen: Está orientada a Personas jurídicas. Su ámbito territorial es ES114 - Pontevedra. La gestiona AYUNTAMIENTO DE MEAÑO.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Qué necesitas

  • Ter o seu domicilio social no termo municipal de Meaño e figurar inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio e/ou que afecten a colectivos deste Concello ou versen sobre temas de interese do Concello.
  • Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.
  • Contar con seguro de responsabilidade civil.
  • CUARTA.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN. As solicitudes formalizaranse por medios electrónicos, segundo o previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, nos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com e que deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Meaño.
  • Xunto coa mesma, deberá achegarase a seguinte documentación:
  • Memoria explicativa da actividade concreta que se pretende realizar, con especificación do lugar, data prevista de realización, obxectivos e número de beneficiarios, asinada electrónicamente polo Presidente/a (ANEXO I).
  • Orzamento da actividade, concreto e determinado, asinado electrónicamente (ANEXO I). Na xustificación da subvención concedida, as entidades terán que acreditar a solicitude de, cando menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a
  • Certificación do/a Secretario/a da Asociación co visto bo do Presidente/a da composición da Xunta Directiva e data da súa elección (Anexo III), asinada electrónicamente.
  • Declaración responsable, asinada electrónicamente, na que conste se a asociación ou entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade e compromiso de comunicar ao Concello as que se obteñan nun futuro (Anexo II).
  • Declaración responsable, asinada electrónicamente, de estar ao corrente das obrigas tributarias coa (Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño. (Anexo II).
  • Declaración responsable de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo II).
  • Declaración responsable, asinada electrónicamente ,de que a asociación, entidade carece de fins de lucro. (Anexo II).
  • Declaración responsable, asinada electrónicamente, de que a asociación conta con seguro de responsabilidade civil. (Anexo II).
  • documentación específica que, ademais da prevista no apartado A) anterior, deberá de presentarse
  • para o apartado a) fútbol, balonmán e tenis de mesa:
  • Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo do nivel de competición. Dado que o ano natural pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas (todo elo sen prexuízo de que a axuda solicitada e a súa xustificación se poida referir ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras).
  • Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo do número de licencias federativas de alta. Dado que o período subvencionable pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas (todo elo sen prexuízo de que a axuda solicitada e a súa xustificación se poida referir ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras).
  • Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo das categorías en que compite o club. Dado que o período subvencionable pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas (todo elo sen prexuízo de que a axuda solicitada e a súa xustificación se poida referir ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras).

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Otras Prestaciones económicas