Bases reguladoras para la concesión de ayudas municipales para la adquisición de material y equipamiento escolar para alumnos/as empadronados/as en el Ayuntamiento de Meaño y matriculados en centros docentes públicos curso 2026-2027.

Educación

En resumen: Está orientada a Personas físicas, Estudiantes y educación. Su ámbito territorial es ES114 - Pontevedra. La gestiona AYUNTAMIENTO DE MEAÑO.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Qué necesitas

  • Non estar incurso en ningunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia que impiden obter a condición de beneficiario.
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (2º Ciclo), primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial un centro público durante o curso escolar 2026/2027
  • A unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no municipio de Meaño (A comprobación realizarase polo propio Concello).
  • Convivir co/ca alumno/a para os que se solicitan as axudas.
  • Que os alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula en centros docentes públicos, de educación infantil (2º Ciclo), educación primaria, educación secundaria obrigatoria, FP básica, e educación especial, par ao curso 2026-27, e non teñan cumpridos os 18 anos a 31/12/2026.
  • Ter unha renda per-cápita familiar igual ou inferior a 6.500,00 €. Para a determinación da renda per-cápita familiar terase en conta o disposto na base 5ª
  • Non dispoñer ningún membro da unidade familiar de vehículo propio cunha potencia superior aos 15,99 cabalos fiscais e que conte cunha antigüidade inferior a 8 anos.
  • Que a vivenda propia coa que conte a unidade familiar teña un valor catastral inferior ou igual a 150.000,00 € no caso de vivenda unifamiliar e 80.000,00 € no caso de piso.
  • Non ser titular calquera dos membros da unidade familiar de ningún outro ben inmoble de natureza urbana distinto da vivenda familiar, agás solar.
  • Enténdese por renda per-cápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.
  • Para os efectos do cálculo da renda per-cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Segundo o establecido nos artigos 38 e 42 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral de violencia de xénero, para os efectos do cálculo da renda per-cápita nos casos de violencia de xénero no ámbito familiar, quedarán excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental.
  • Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2025 e a renda per cápita do exercicio fiscal 2025. Nos casos en que a capacidade económica da unidade familiar experimentase un deterioro significativo en relación coa que consta na declaración de IRFP do 2025, os interesados terán que manifestar esta circunstancia e acreditar a nova situación económica achegando a documentación xustificativa correspondente ós 4 meses anteriores á convocatoria.
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda do 2025, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumaran os recadros da base impoñible xeral e o da base impoñible do aforro da declaración. No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.
  • No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor co causante, deberá acreditarse documentalmente co certificado de familia monoparental. No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.
  • Para os efectos previstos nesta orde, e con referencia á situación familiar en 31 de decembro
  • Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.
  • Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar e non conformen a súa propia unidade familiar.
  • A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras causas semellantes non rompen a convivencia para estes efectos.

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Educación