BASES REGULADORAS DE LA CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES A EMPRESAS PARA LA CONTRATACIÓN DE TRABAJADORES/AS DESEMPLEADOS/AS POR CUENTA AJENA-AYUNTAMIENTO DE VILAGARCIA 2026

Comercio, Turismo y Pymes

En resumen: Está orientada a Personas físicas, Comercio, Hostelería y turismo. Su ámbito territorial es ES114 - Pontevedra. La gestiona AYUNTAMIENTO DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

● Concesión directa

Esta publicación no es una convocatoria abierta

Corresponde a una concesión directa, nominativa o convenio destinado al beneficiario que figura en la información oficial. Se muestra como referencia pública, pero otro club, asociación o persona no puede presentar una solicitud a esta publicación.

Consulta la fuente oficial para conocer el beneficiario y las condiciones concretas.

Qué necesitas

  • Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas, que formalicen, para prestar servizos nas mesmas, contratos por conta allea con traballadores e traballadoras desempregados nos termos indicados na Base Primeira, nas que non concorran, en xeral, as circunstancias excluíntes sinaladas na Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Quedarán excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, as empresas sancionadas pola comisión de infraccións tipificadas en tal materia no artigo 46.2 do texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social, aprobado por Real decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto e modificacións posteriores.
  • Non se poderán amortizar postos de traballo fixos nos seis últimos meses anteriores ás novas contratacións ou conversións, mediante despedimentos declarados improcedentes, ou regulacións de emprego. Non se entenderá reducido o persoal polas devanditas causas cando, con anterioridade ás devanditas contratacións ou conversións, procedeuse á cobertura da vacante mediante unha relación xurídica da mesma natureza que a anterior.
  • Non poderán ser beneficiarias destas subvencións:
  • As Administracións Públicas, as Sociedades Públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
  • As empresas acollidas a plans de reconversión.
  • As empresas que non se atopen ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, coa Administración Tributaria Estatal, coa da Xunta de Galicia ou co Concello de Vilagarcía de Arousa por calquera tipo de débeda de dereito público vencida, liquidada e esixible por vía de constrinximento.
  • As empresas que fosen sancionadas mediante sentenza firme por vulnerar os dereitos fundamentais e as liberdades dos traballadores nos seis meses anteriores á formalización da contratación sempre que a infracción fose cualificada de infracción grave ou moi grave.
  • As empresas que fosen sancionadas con carácter firme por producirse accidentes de traballo por incumprimento da adopción das medidas de seguridade nos seis meses anteriores á formalización da contratación, sempre que a infracción fose cualificada de grave ou moi grave.
  • Con carácter xeral, as empresas que formalicen contratos de traballo infrinxindo a lexislación laboral e demais normativa vixente en materia de Seguridade Social e Prevención de Riscos Laborais.
  • As empresas que incumpran o disposto na Lei 9/2013 de Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, en relación á comunicación previa de inicio de actividade, as que carezan de licenza de obra e/ou apertura, para o caso de ser esixíbeis, ou incumpran calquera requisito necesario para o exercicio da actividade empresarial ou profesional no Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • º Estar en situación de desemprego. Poderán ser obxecto de subvención os contratos formalizados con persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no SPEG.
  • º Estar empadroadas no municipio de Vilagarcía de Arousa. As persoas contratadas, deberán constar empadroadas no municipio de Vilagarcía de Arousa no momento de formalizar a solicitude de subvención.
  • º Situacións que dan lugar a subvención. As empresas deberán acreditar que as contratacións para as que se solicita subvención se encadran nalgún dos tres apartados que a continuación
  • Persoas beneficiarias de programas de formación: Con certificado/s diploma/s de formación ocupacional para o emprego, acreditativo de concluír satisfactoriamente un proceso formativo ocupacional nos dous anos previos á contratación e que sexan contratadas nunha ocupación relacionada coa formación recibida.
  • Primeiro/a empregado/a de empresa (entendendo por tal o/a primeiro/traballador/a que figure dado/a de alta na Seguridade Social nun centro de traballo nas comarcas de Salnés e/ou Caldas).
  • Mozos/as menores de 30 anos.
  • Persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Persoas maiores de 45 anos.
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Comercio, Turismo y Pymes