Personas físicasES114 - Pontevedra

BASES REGULADORAS DE LA CONCESIÓN DE SUBVENCIONES PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS EN EL AYUNTAMIENTO DE LALIN 2026

Otras actuaciones de carácter económico

En resumen: Está orientada a Personas físicas. Su ámbito territorial es ES114 - Pontevedra. La gestiona AYUNTAMIENTO DE LALÍN.

● Cerrada

Esta convocatoria no está abierta ahora

Puedes consultar sus condiciones y la fuente oficial, pero no presentar una solicitud mientras no figure como abierta.

Qué necesitas

  • documentation
    Equipamento deportivo, entendendo como tal exclusivamente o vestiario ou outro material funxible específico para cada deporte (como balóns, redes, conos, vallas, etc). En todo caso este material non poderá superar o 20% do total subvencionable.
  • documentation
    Gastos de desprazamento. No caso de que o beneficiario dispoña de vehículo para realizar desprazamentos só será subvencionable o combustible. Se o club dispón de vehículo propio tamén se poderán incluír os gastos de seguro do mesmo e a Inspección Técnica de Vehículos.
  • documentation
    Gastos de aloxamento e manutención só cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta.
  • documentation
    Gastos de persoal e seguros sociais.
  • documentation
    Trofeos, sempre e cando no orzamento presentado coa solicitude da subvención se fixera referencia a dito gasto.
  • documentation
    Cartelería e publicidade. Non será subvencionable o gasto no que incorra o beneficiario para dar publicidade a un patrocinador.
  • documentation
    Material médico e/ou farmacéutico.
  • documentation
    Asistencia sanitaria (gastos en asistencia médica ou de rehabilitación).
  • documentation
    Asistencia sanitaria en competicións deportivas do club (ambulancias,gastos médicos o de enfermería). Cod. Validación: 45J732LQAP3CENMNS5F5YZY6J Corrección: https://lalin.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 13
  • documentation
    Bases reguladoras de subvencións para actividades deportivas 2026 Non se subvencionarán, en ningún caso, aquelas actividades e/ou competicións para as que os solicitantes xa foran beneficiarios dalgunha outra axuda ou achega económica por parte do Concello de Lalín. Exclúense, en todo caso, os gastos en investimentos ou restantes de capital. Todos os gastos subvencionables deberán estar pagados con anterioridade á finalización do prazo de xustificación da subvención.
  • documentation
    - NORMAS DE OUTORGAMENTO. As axudas outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. Terán carácter voluntario e eventual e non serán invocables como precedente. As achegas concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras que puideran obter os beneficiarios doutras administracións públicas ou calquera outra entidade de natureza pública ou privada. O importe total da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada. Non poderán ser obxecto de axuda na presente convocatoria as actividades subvencionadas ou financiadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias ou convenios asinados co Concello de Lalín.
  • documentation
    Memoria do proxecto deportivo do club, con especificación da data e lugar de celebración, obxectivo e tipo de subvención solicitada. Na memoria, que deberá realizarse de xeito máis detallado posible, deberá recollerse as competicións nas que participa o club e as actividades nas que ten participado ao longo do ano, así como os participantes, medios requiridos, resultados obtidos, etc. (Anexo III).
  • documentation
    Orzamento detallado de ingresos e gastos subvencionables da actividade con expresión do financiamento previsto, e contía do importe que se solicita ao Concello en concepto de subvención. O orzamento de gastos só poderá facer referencia a aqueles gastos subvencionables recollidos na Base 4 (Anexo IV).
  • documentation
    Certificado no que se indiquen as subvencións solicitadas e as que foron concedidas para o mesmo fin ou actividade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado (Anexo V). A documentación que se entregue para participar no procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada. No caso de que se produza calquera defecto, erro ou ausencia da documentación que debe acompañar á solicitude, notificaráselle ao interesado para que no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles contados dende o seguinte á notificación do requirimento proceda á súa emenda, informándo de que no caso de non ser atendido dito requirimento entenderase que renuncia a dita solicitude. Cod. Validación: 45J732LQAP3CENMNS5F5YZY6J Corrección: https://lalin.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 6 a 13
  • documentation
    PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS.
  • documentation
    1. A instrución do procedemento corresponderalle a un técnico do Concello, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, comprendendo as actividades descritas no artigo 24 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións. No expediente de concesión das subvencións deberá figurar o informe do órgano instrutor no que conste que da información que obra en cada expediente individual se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos esixidos.
  • documentation
    O/s Concelleiro/s Delegado/s en materia de Deportes.
  • documentation
    A Concelleira Delegada de Facenda.
  • documentation
    Un técnico ou persoal adscrito ao servizo de deportes do Concello.
  • documentation
    O Secretario da Corporación, que actuará como secretario da comisión avaliadora, ou persoa na que delegue. A Comisión Avaliadora valorará as solicitudes presentadas segundo os criterios establecidos na

Gastos y actuaciones

No se han derivado gastos elegibles con evidencia suficiente.

Documentos y trazabilidad

Origen del resumen

bdns_raw_data · raw_data.descripcionFinalidad

Otras actuaciones de carácter económico